A ASOCIACIÓN DE PRODUTORES DE REQUEIXO DE GALICIA está aberta á participación de todos os produtores de requeixo de Galicia que
cumpran os requisitos establecidos nos estatutos. Todos xuntos teremos máis forza para protexer o noso produto. Asóciate poñéndote en contacto a través do noso correo
electrónico.
Os estatutos completos da ASOCIACIÓN DE PRODUTORES DE REQUEIXO DE GALICIA pódense descargar en formato pdf clicando na imaxe da columna da
esquerda.
CAPITULO I.
DENOMINACIÓN, DURACIÓN, FINS, ACTIVIDADES E DOMICILIO SOCIAL.
ARTIGO 1.- DENOMINACIÓN.
Coa denominación de ASOCIACIÓN DE PRODUTORES DE REQUEIXO DE GALICIA GALICIA (APRG) constitúese unha entidade ao amparo da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, e normas
complementarias, con capacidade xurídica e plena capacidade de obrar, carecendo de ánimo de lucro.
ARTIGO 2. DURACIÓN E CAPACIDADE.
Esta asociación constitúese por tempo indefinido e dispón de plena personalidade xurídica e capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins.
ARTIGO 3. FINS.
Os fins desta asociación son os seguintes:
1.- Impulsar o recoñecemento do Requeixo de Galicia como un produto alimenticio con identidade propia e dotarlle dunha
regulamentación legal e técnico - sanitaria propia e especifica.
2.- Dar a coñecer aos consumidores as características diferenciais do Requeixo de Galicia e o seu papal na gastronomía
tradicional de Galicia.
3.- Investigar, documentar e divulgar a orixe histórica do Requeixo de Galicia así como a súa
vinculación coas distintas comarcas de Galicia.
4.- Protexer e mellorar os procedementos, as diferentes calidades e distintas formas de elaboración e presentación do
Requeixo de Galicia
5.- Crear un foro de comunicación e intercambio de experiencias entre todos os produtores.
6.- Abrir novas vías de comercialización do Requeixo de Galicia.
7.- Representar e defender os intereses conxuntos dos produtores de Requeixo de Galicia así como ser o interlocutor
sectorial entre os produtores de Requeixo de Galicia e as administracións públicas, os provedores, a distribución comercial e os medios de comunicación xeneralistas e
especializados.
ARTIGO 4. ACTIVIDADES.
Para o cumprimento destes fins a asociación poderá exercer as seguintes actividades sen prexuízo das que se poidan acordar polos órganos competentes.
- Crear a imaxe corporativa da asociación de produtores e identificativa do Requeixo de Galicia.
- Deseñar e executar campañas de mercadotecnia, comunicación, publicidade e relacións públicas para divulgar a
calidade e fomentar o consumo do Requeixo de Galicia.
- Deseño, xestión, control e implementación doutras ferramentas de mercadotecnia e comunicación como webs e redes
sociais
- Accións de procura de novas canles comerciais e mercados.
- Coordinación acciones de co-mercadotecnia con partners e clientes.