Álvaro Cunqueiro

 

"O requesón sigue sendo un dos grandes postres do país, pro debe ir aquí, despois dos queixos" A cociña galega. 1970. (capítulo dedicado ao requeixo)

 

"Un canónigo de Mondoñedo , hombre muy puntual y abundante en sus yantares, me dice qué prefiero de postre, si voy de convidado y me ofrecen o colineta o requesón. ‘Si voy de convidado –le contesto- me darán de las dos cosas’. ‘¡Ah! –me responde él-, entonces no hay dilema’. No, no hay para un apetito generoso. ¡Que Dios nos conserve a los gallegos!”. Cuando entra el otoño. Artículo publicado en Vida Gallega en noviembre de 1954. Recogido en Viajes y Yantares por Galicia

Jorge Víctor Sueiro

 

"En casa de mi familia, en Mondoñedo, en concreto, donde hay muy buena leche, sin bromas, se porduce desde un espléndido requesón hasta el queso blanco..." Comer en Galicia.

Fina Casalderrey e Mariano García

 

"O requeixo (ver receitas), esa masa branca, branda e manteigosa que se fai callando o leite e colocándoo nun recipiente (vimbio ou fibra vexetal) no que poida ir escorrendo o soro, é un dos postres típicos da Galicia rural de sempre."  Festas gastronómicas de Galicia

Lalo Vázquez Xil

 

"Entraron de novo os serventes que foron retirando pratos e fontes das mesas para pousar outras con queixos e requeixo, cuncas cheas de dourado mel e, asemade, cestiñas recubertas de finos lenzos bordados e teas con encaixes e sobre elas, robordando, rosquillas fritas, rosquillas anisadas, de xema, roscos de viño, melindres, biscoitos de améndoa, flores e orellas." A da alba sería. 1966

Marilar Aleixandre

 

Marchou a Alemaña para non ter que verme, e di que traballa nunha factoría onde preparan requeixo e papas de arroz. A Compañía Clandestina de Contrapublicidade. 1998

Xosé Carlos Caneiro

 

Non, meu amor, do Douro, son unhas augas de cor branquísima, como o leite, que emerxen do subsolo a carón dese río, unhas augas que serven aos alemáns para producir un requeixo de fama mundial. Ébora. 2000

María Xosé Queizán

 

a leitera, cheirando a requeixo, que viña no tranvía do Porriño cada mañá, vestida de negro e pano á cabeza, que a nai vixiaba na cociña mentres abocaba o leite na medida de latón. Ten o seu punto a fresca rosa. 2011

Miro Villar

 

porque se algo pretende Fernando, creo eu, e que malia lermos (ou escoitarmos, porque estes relatos ben poderían ser orais) estas historias coa súa crueza, sempre se nos debuxe finalmente un sorriso e sempre nos quede un resaibo a requeixo doce.. Domingo de resurección. 2005

Bernardino Graña

 

Requeixo e mel comerá ata que saiba rexeitar o mal e escoller o ben. Protoevanxeo do neto de Herodes. 2006

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio Recomendar esta página Recomendar esta página
Asociación de Produtores de Requeixo de Galicia