Ficha

Requeixo de Galicia no "Catálogo Electrónico de Quesos de España" do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente

 

Clic en imaxen para abrir a ficha (pdf)

O REQUEIXO

O Requeixo de Galicia é un queixo fresco, elaborado con leite de vaca, que ata unha época recente elaborábase exclusivamente de forma caseira por parte de pequenos gandeiros cos seus excedentes de leite.

 

É un queixo de coagulación aceda longa. A callada desorase escorréndoa en sacos durante un período máis ou menos longo, dependendo da consistencia que se queira obter, desde un produto que se consome con culler ata outro máis consistente e untable.

 

O ingrediente principal do requeixo é o leite de vaca enteira. Uns produtores empregan callo e outros deixan que actúen os fermentos naturais do leite, pero non se emprega ningún outro ingrediente. Nin sequera sal engadido.

 

Trátase dun queixo de pasta branda, posto que non se prensa, e comercialízase fresco, sen ningún tempo de maduración.

 

Textura

 

A textura do Requeixo de Galicia varía en función do tipo de elaboración. Non só inflúe o desorado na súa consistencia máis ou menos sólida, senón tamén os gustos dos consumidores, presentándose no mercado requeixos que conservan unha estrutura granulosa por mor dos pequenos coágulos de callada e outros se converten en cremas despois de homoxeneizalos.

 

O alto contido de humidade fai do Requeixo de Galicia un queixo con pouco contido en graxa (menos que o queixo fresco habitual nos mercados) e lixeiro, con só 120 quilocalorías por cada 100 gramos.

 

Ao mesmo tempo, é un queixo moi san pola ausencia de sal engadido, que o converte en moi indicado para persoas con réximes baixos en sodio.

 

Emprego

 

Tradicionalmente o Requeixo de Galicia emprégase como sobremesa, adozándoo con azucre ou mel, pero tamén combina de forma excepcional con marmeladas, froita fresca ou, como recomendaba o gastrónomo Jorge Víctor Sueiro, acompañado de flan.

 

Ao mesmo tempo é un produto moi versátil na cociña, desde pratos doces ou pasteis até pratos salgados. Grandes chefs galegos utilizan o Requeixo de Galicia nas súas creacións.

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio Recomendar esta página Recomendar esta página
Asociación de Produtores de Requeixo de Galicia